Parque Nacional Sangay
(es) Parque nacional Sangay | ||||
Tipo | Parque nacional | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Rexión Serra | |||
Localización | ||||
División administrativa | Morona Santiago, Ecuador, Provincia de Chimborazo, Ecuador e Tungurahua, Ecuador (pt) | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 271.925 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio natural → América Latina-Caribe | |||
Data | 1983 (7ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii), (viii), (ix) e (x) | |||
En perigo | 1992 - 2005 | |||
Identificador | 260 | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 188 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1979 | |||
Cronoloxía | ||||
1992-2005 | lista do Patrimonio Mundial en Perigo | |||
Páxina web | areasprotegidas.ambiente.gob.ec… | |||
O Parque Nacional Sangay é un parque nacional localizado nas provincias de Morona Santiago, Chimborazo, Tungurahua, Cañar e Azuay, en Ecuador. O parque contén dous volcáns activos (Tungurahua e Sangay), e un volcán extinto, El Altar (Kapak Urku). A altitude do parque varía dende os 900 até os 5319 metros por riba do nivel do mar, e contén unha ampla variedade de hábitats, incluíndo glaciares, paisaxes volcánicas, selvas tropicais, bosques nublados, zonas pantanosas, pasteiros, e unha das rexións máis grandes de páramos en Ecuador.[1] Contén 327 lagos que se alimentan du sistema de zonas pantanosas de 31,5 quilómetros cadrados.[1]
Debido á súa complexa xeoloxía e ecoloxía, así como pola súa biodiversidade, o parque foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 1983.[1] En 1992, foi engadido á Lista do Patrimonio Mundial en Perigo por mor da caza furtiva, a gandaría extensiva, a construción de estradas non planificadas e a invasión do perímetro do parque. Foi eliminado da lista de Patrimonio en Perigo no ano 2005.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Erupción do Tungurahua en 1999.
-
Vista aérea de Sangay.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Sangay National Park". UNESCO World Heritage Centre. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 5 de setembro de 2021.